Friday 17 de May de 2024

A Escola de Música de Ortigueira organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a institución


• Serán este luns e martes, en horario de 16 a 20 horas

• Para participar non será necesario inscribirse

• Os visitantes poderán probar diferentes instrumentos cos profesores e profesoras

Os próximos 19 e 20 de xuño a Escola de Música do Concello de Ortigueira organiza unhas xornadas de portas abertas para quen se queira achegar a coñecer as instalacións e a metodoloxía da escola.
Poderanse probar diferentes instrumentos xunto cos profesores e profesoras do centro e coñecer a aula de Música e Movemento.

Non será necesario anotarse previamente, e #ante calquera dúbida pódese contactar co número de teléfono 971 402 432 ou a través do correo electrónico escolademusica@concellodeortigueira.com
Desde a Escola de Música animan a todos e todas a visitar a institución para gozar da experiencia musical e coñecer máis a fondo o seu funcionamento.